quarta-feira, 20 de setembro de 2017

Apresentación de "Os nomes do terror" en Vigo (vídeo)



"Sermos Galiza continúa coa súa xeira de apresentacións de "Os nomes do terror", o libro que identifica os autores da barbarie e que xa vai pola súa segunda edición. Este vídeo recolle o acto en que o volume foi apresentado en Vigo, un evento organizado pola Asociación Cultural O Castro e que decorreu o pasado 14 de setembro. Tomaron a palabra os coautores do libro Judith Carbajo e Bernardo Maíz, ben como, en representación do consello de administración do Sermos, Manuel Mera. O acto apresentouno, en representación de O Castro, o xornalista e especialista na memoria histórica Afonso Eiré. O vídeo foi realizado pola propia libraría Cartabón."

sexta-feira, 14 de julho de 2017

Alba de Gloria do Pico Sacro '17


A Federación Galiza Cultura comezou a realizar este acto no 2011 no que se conmemorou o 125 aniversario de Castelao coa total ausencia e mesmo hostilidade das institucións políticas e culturais da Galiza e no marco dunha ofensiva contra a nosa lingua e cultura como non se sofrera desde había décadas.
 Castelao tamén acudiu ao Pico Sacro no 1924 logo do golpe militar de Primo de Rivera no que quedaban proscritas a nosa lingua e cultura e paralizado o rexurdimento iniciado polas Irmandades da Fala. Naquela viaxe Castelao reafirmou a súa identificación cun espazo físico que foi soporte do espírito do noso pobo, un lugar sobre o que se ergueu unha identidade perseguida e negada.
Por iso no exilio volveu a a este sitio cando escribiu o Alba de Gloria.
E por iso nós volvemos sobre os seus pasos lendo o este discurso para conmemorar o día da Patria Galega, o Alba de Gloria, que leremos máis un ano, o sábado antes do 25 de xullo, no cumio do Pico Sacro.
Programa

12.00h. Benvida na chaira da capela do Pico Sagro a cargo da escritora Marica Campo e a continuación subida do último treito deste monte.
12:45h.: Izado da bandeira. Lectura de Alba Groria de Castelao por representantes das A.C. O Galo de Santiago, Papaventos de Vedra, O Castro de Vigo e Vagalumes da Estrada. Canto do himno galego e baixada.
14:00h.: No adro da capela do Pico Sacro actuará o grupo de pandeiretas Raiola da AC. Manuel Gacio de Lestedo, que este ano obtiveron o Premio Xacarandaina.
15:15h.: Xantar en “Casa Mosqueiro”, S. Mamede de Rivadulla. Escoller menú e anotarse aquí antes do 20 de xullo Roteiro
17:30h. Saida de “Casa Mosqueiro”
Coto de Pesca de Ximonde
Area de Agro Novo
Casa-Museo da Pesca no rio Ulla
Dous edificios construidos a comezos do s.XX grazas a financiación das sociedades dos emigrantes en Arxentina.
Fervenza do rio Pereiro

Para apuntarse pódese mandar un correo a asociacionocastro@gmail.com ou chamar ou mandar un whasapp ao 616 38 14 48.

segunda-feira, 19 de junho de 2017

O monte, multifuncional?




Un debate sobre a situación do monte galego e o seu futuro.

presenta
Xoán Colazo Pazó
AC O Castro e comuneiro de Candeán

coa presenza de 

Alberte Blanco Casal
Coordinador do libro O Monte Galego, Caos ou aproveitamento multifuncional

Xosé Alfredo Pereira Martínez
Presidente da Organización Galega de Montes Veciñais en Man Común

Mércores, 28 de xuño ás 20 horas
Cantina do Parque Forestal do Vixiador, Candeán.

sexta-feira, 7 de abril de 2017

Premio Nacional Galiza Cultura a Francisco Rodríguez. Acto de entrega:


Entidades que convocan e que se adhiren ao Premio Nacional Galiza Cultura a Francisco Rodríguez


Convoca 

Federación Galiza Cultura:
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (A Coruña),
Asociación Cultural Maio Longo (Pontevedra),
Asociación Cultural Vagalumes (A Estrada),
Sociedade Cultural Medulio (Ferrol),
Asociación Cultural A Pomba do Arco (Foz),
Agrupación Cultural Francisco Lanza (Ribadeo),
Asociación Cultural Auriense (Ourense),
Asociación Cultural O Castro (Vigo),
Asociación Cultural e Musical Solfa (Compostela),
Asociación Cultural Altofalante (Ribeira),
Agrupación Cultural O Galo (Compostela)
Universidade Popular de Corcubión.

Adheríronse:

Asociación Veciñal Agra do Orzán (A Coruña),
Asociación Cultural Alba de Gloria (Soutomaior),
Asociación Cultural Almuinha (Marín),
Asociación Cultural Arrincadeira (Riotorto),
Asociación Veciñal Atochas-Montealto (A Coruña),
Agrupación Cultural Avantar (O Carballiño),
Asociación Cultural Barbantia (Boiro),
Asociación Cultural A Cabana (Moraña),
Frente Cultural Canlear (Mos),
Asociación Cultural e Veciñal Os Carrilanos (Castrelo de Val),
Asociación Veciñal Os Castros (A Coruña),
Sociedade Cultural e Desportiva do Condado (Salvaterra de Miño),
Asociación Cultural Correlingua (Compostela),
Fato Cultural Daniel Castelao (Pasaia, Euskal Herria),
Asociación Cultural A Devesa (Noia),
Asociación Cultural Eira Vella (Betanzos),
Instituto de Estudos Chairegos (Vilalba)
Agrupaçom Cultural O Facho (A Coruña)
Asociación Cultural LugoPatrimonio (Lugo),
Asociación Cultural Lumieira (Carballo),
Asociación Cultura Eme de Meira
Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros),
Colectivo Pensamento e Sementeira (Viveiro),
Sociedade Cultural e Deportiva de Raxó (Poio),
Asociación Cultural Rosalía de Castro (Barakaldo, Euskal Herria),
Asociación de Mulleres Galegas no Exterior Rosalía de Castro (Madrid, España),
Asociación Cultural Roxín Roxal (Paderne),
Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla (Touro),
Asociación Cultural Os Tres Pés (Trabada),
Associaçom Cultural Xebra! (Narón)
Asociación Cultural Xermolos (Guitiriz).

Aliás, apoian o premio:

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG),
Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS‑PG),
Confederación Intersindical Galega‑Ensino (CIG‑Ensino),
Fundación Galiza Sempre,
Fundación Rosalía de Castro,
Fundación Manuel María de Estudos Galegos,
A Mesa pola Normalización Lingüística.