terça-feira, 16 de novembro de 2010

Presentación Pública da Asociación




AS NOVAS LITERATAS

HOXE

E

PRESENTACIÓN PÚBLICA DA

ASOCIACIÓN CULTURAL O CASTRO

MARTES 23 DE NOVEMBRO

20.00 horas

Auditorio do Areal - Vigo

 Rúa  do Areal núm. 46

(Paraninfo do antigo Reitorado)



Quen somos?

Aínda que as poboacións son a creación humana por excelencia, as modernas cidades convertéronse en espazos deshumanizados, hostís, difíciles. Vigo é unha pequena destas grandes urbes. A cultura é unha ferramenta para recuperala, para facela máis habitábel, por para rehumanizala non abonda con grandes beirarrúas.
Ao longo dos últimos decenios e quitando honrosas excepcións, o que chamamos cultura foi inducido, transportado, como se fose o contido dunha lata de conservas. Tratouse dun negocio calquera.
Nacemos como un grupo de persoas que aspira a mudar esta situación.
Asumimos o compromiso de recuperar a nosa cidade para un universo cultural galego. Queremos desenvolver a nosa propia cultura sen interferencias nin ambigüidades.
Queremos apoiar e desenvolver unha cultura de base, asentada no noso tempo, na nosa realidade e na nosa lingua; promover a creación cultural. Queremos redescubrir a nosa historia e recoñecer a nosa realidade.
Trátase de refundar a cidade, máis con outras claves, por iso recuperamos o noso principio, o Castro.