sexta-feira, 31 de março de 2017

Imaxes da conferencia "As xeometrías ocultas de Maruxa Mallo"

No centro Manuel Xestoso presentando o acto como representante da Asociación O Castro.

Maribel Álvarez Ilarri profesora de arte.

Xosé Carlos López Bernárdez  crítico e ensaísta.

 Para ver máis fotos entra en: https://www.facebook.com/ocastro.vigo

segunda-feira, 27 de março de 2017

Conferencia sobre Maruxa Mallo



As xeometrías ocultas de Maruxa Mallo

Dúas focaxes arredor da protagonista do Día das Artes Galegas

coa presenza de 

Xosé Carlos López Bernández (crítico de arte)

e

Maribel Álvarez Ilarri (profesora de arte)


Xoves 30 de marzo
20.00 horas
Libraría Andel
Av. das Camelias, nº 102 - Vigo




A artista multidisciplinar galega; a republicana, inconformista, independente, rebelde, transgresora e feminista que reivindicou o seu papel na arte. A muller audaz e brava que pintou moito na xeración que lle tocou vivir, os seus óleos, cerámicas, escenografías e instalacións artísticas varias chamaron a atención e impactaron na sociedade máis culta e literata. Unha muller forte que tivo que loitar contra o estigma da ignorancia por nacer con xénero feminino e que a reprimía ao anquilosamento e á morte como artista. Unha vida dura, pero que deu co fragor do tempo os seus mellores froitos artísticos. Maruxa Mallo, a muller pintora, non o tivo fácil. Traballou duramente sen perder a ilusión, porque era apaixonada e sabía estudar, buscar e perseverar no seu traballo como a loitadora férrea e atípica que era. Ela a bruxiña sempre nova, a verdadeira meiga galega das cores e pinceis que sabía con eles facer a máxia precisa, a realidade máxica que inpregnaba os cadros e abstraíaos no surrealismo visionario dun tempo...

quarta-feira, 15 de março de 2017

Imaxes do documental "Asolagados"

"Asolagados" o Documental na A.V. Val do Fragoso.

De esquerda a dereira: Afonso Eiré (guionista do documental) e
Xose Sánchez  (Vicepresidente da Asociación O Castro).


Máis fotos no facebook: https://www.facebook.com/ocastro.vigo