domingo, 17 de dezembro de 2017

O Apalpador visita Vigo, 22 de decembro de 2017

Promoven: Barafunda Animación, Libraría Andel, ACF O Fiadeiro, A. C. O Castro, AVC Casco Vello, Libraría Cartabón, A Mesa pola Normalización Lingüística, Projeto Educativo Semente Vigo e A Revolta Centro Social.


domingo, 3 de dezembro de 2017

Xantar da cultura 2017

A asociación cultural O Castro convidate ao primeiro xantar da Cultura Galega en Vigo, onde realizaremos unha mención pública a unha traxectoria en defensa da cultura e da lingua galega.

Sábado 16 de decembro, 14 horas
Restaurante Celme Galego
Camiño do Portal, 274, Valadares - Vigo

Menú:
Primeiros:  chipirón encebolado, polbo á feira, croquetas, boliños de bacallau.

Segundos (escoller un): cordeiro ao forno, tenreira asada, rodaballo á prancha, bacallau á biscaíña, carrilleiras estofadas ao licor café, albóndigas, churrasco celta, xamón asado, hamburguesa de boi (para dúas persoas), linguado, rodaballo e bacallau.

Inclúe: pan, bebida (viño da casa e cervexa de barril), refrescos, auga, variados de sobremesa, cafe e licores.

prazo para apuntarse é o 9 de decembro e hai que indicar o segundo prato. A reserva pódese facer no correoasociacionocastro@gmail.com ou non teléfono 672 46 82 69. Prezo 25 €.

O aforo está limitado a 40 persoas.