terça-feira, 18 de dezembro de 2018

E xa chega o Apalpadooor!!

A Asociación O Castro, integrante da Coordinadora da Figura do Apalpador en Vigo, quere convidarvos o día 22 de decembro para a chegada do noso Pai Natal, O Apalpador!!.
Información máis detallada abaixo:



quarta-feira, 21 de novembro de 2018

Conferencia "O Apalpador: do mito á realidade"


A Asociación O Castro, integrante da Coordinadora da Figura do Apalpador en Vigo, quere invitarvos á conferencia que impartirá José André Lôpez Gonçález. Será o vindeiro 28 de novembro ás 20h na Asociación Casco Vello.

sábado, 10 de novembro de 2018

OS NOMES DE VIGO II, Xornadas da toponimia das parroquias.








  XORNADA I

Quinta-xoves 15 de novembro às 19:30h na Escola Superior de Arte Dramático de Navia-ESAD.
Presentado por Xan Colazo da Asociación O Castro.
Conferencia "Paisaxe toponímico de Galiza" do profesor CÉSAR VARELA GARCÍA, divulgador e estudoso da toponimia.
Traballou moito tempo como ensinante de matemáticas no IES "María soliño" de Cangas do Morrazo, logo exerceu a súa profesión en São Paulo e London. Participou na fundación da AC Avantar do Carballiño.

 XORNADA II

Sábado 17 de novembro ás 10:30h (duración de 2 horas).
Roteiro pola parroquia de Navia (Vella e Nova). O inicio será na Devesa de Navia.
Coa presenza de XOÁN COMESAÑA, veciño e esperto da toponimia da parroquia e corresponsábel de que os topónimos de Navia non desaparezan.

quinta-feira, 18 de outubro de 2018

Presentación de Atlantidae Mulher D'Água


Presentación do libro

Atlantidae Mulher D'Água

Contos de mulheres e océanos


Presenta
Elsa Quinta Alborés

Contaremos coa presenza da autora Adela Figueroa e coa actuación musical de Pili Elia Arean.
~ * ~
Martes 30 de outubro as 20 horas
Libraría Andel
Camelias, núm. 102, Vigo
Entrada gratuíta.

segunda-feira, 4 de junho de 2018

SERMOS O DIARIO GALEGO

























Presentación en Vigo de
SERMOS O DIARIO GALEGO

Falarán:
Alexandre Insua pola Asociación O Castro
Ledicia Costa, escritora
Xabier Pérez Igrexas polo Consello de Administración de Sermos Galiza

Sexta, 8 de xuño ás 20h
Libraría Andel (Avda. Camelias, 102)

sexta-feira, 25 de maio de 2018

Memorias dunha vaca marela



Presentación en Vigo de

Memorias dunha vaca marela

Falarán
Alexandre Insua
Isaura Abelairas Rodríguez
Alfonso Eiré

~*~
Xoves, 31 de maio ás 20h
Libraría Andel
Avda. das Camelias, 102.Vigo

quinta-feira, 17 de maio de 2018

Rebeldía galega contra a inxustiza


A AC O Castro presenta o libro Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Transancos, Sofán e Sobredo, volume que fai memoria histórica das protestas e revoltas que se sucederon entre os séculos XIX e XX no campo galego.

Falarán:

Elsa Quintas Alborés (AC O Castro)
Francisco Rodríguez Sanchez (coautor da publicación)
Xosé Manuel Suárez (coautor da publicación)

Mércores, 23 de maio ás 20h
Libraría Cartabón
r/ Urzáiz, 125.
Vigo

terça-feira, 8 de maio de 2018

Presentación Vía Galega en Vigo

Galiza vive unha situación de emerxencia nacional. Nas últimas décadas asistimos á crise de
sectores económicos estratéxicos até o punto de corrermos o risco de ficar sen base económica
propia. Acentuouse a deterioración da nosa lingua, da nosa cultura, do noso territorio; unha boa
parte da nosa mocidade viuse obrigada a emigrar, máis unha vez como nas peores etapas da nosa
historia, agravando o noso devalo demográfico e o avellentamento da poboación…, coas graves
implicacións económicas e sociais que isto ten. A propia supervivencia de Galiza como país está
ameazada.(...)
http://viagalega.gal/

segunda-feira, 30 de abril de 2018

Bicentenario de Marx e centenario de Althusser



Con motivo do bicentenario do nacemento de Karl Marx e do centenario do nacemento de Louis Althusser, a AC O Castro organiza unha conferencia sobre o pensamento dos dous autores. 

Presenta:
Elsa Quintas Alborés (AC O Castro)

Participan:
Francisco Sampedro (Filósofo).
X. L. Romero Falque (Sindicalista).
X. C. Garrido Couceiro (Filósofo)

Venres, 4 de maio ás 20h
Libraría Andel
Avda. das Camelias, 102.
Vigo

terça-feira, 6 de março de 2018

Presentación de Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio.

Comprácenos convidal@ á presentación do libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, editado pola Fundación Galiza  Sempre, que terá lugar o venres 9 de marzo ás 20:00H na libraría Cartabón en Vigo. 
Neste acto contaremos coa presenza de 
  • Alexandre Insua, AC O Castro.
  • Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, autores do libro.
  • Ana Miranda, Fundación Galiza Sempre.

terça-feira, 20 de fevereiro de 2018

24F DIA DE ROSALIA

O propio sábado 24, en horario de tarde, realizaremos lecturas colectivas ao longo do todo o país. En Vigo, este acto serán coorganizado entre a AELG e a Asociación Cultural O Castro de acordo co seguinte programa:
Hora de inicio: 18:00 h.
Lugar: Imprenta de Juan Compañel (Rúa real nº 12) e Salón de actos da Federación AAVV Eduardo Chao (Praza da Princesa 7, 2º, Vigo)
Desenvolvemento: colocación dunha ofrenda floral na imprenta Juan Compañel, percorrido até o local da Federación de Veciños e lectura do manifesto e de poemas de Rosalía.

quarta-feira, 7 de fevereiro de 2018

O contexto histórico do Pergamiño Vindel

Comprácenos convidal@ á conferencia do día 15 de febreiro na libraría Andel. Será presentada polo secretario xeral da nosa Asociación O Castro, Alexandre Insua Moreira e impartida polo versado historiador galego, Anselmo López Carreira.