segunda-feira, 4 de novembro de 2013

EU VIOLEI O LOBO FEROZ


Esta quinta 7 de novembro ás 20:30 horas, Teresa Moure presenta o seu libro "Eu violei o lobo feroz" (poesía e editado por Através, 2013).

segunda-feira, 14 de outubro de 2013

Presentación de Cantares Gallegos, hoxe



Contaremos coa presenza 
do editor:
Henrique Alvarellos
da autora:
Pilar García Negro

Venres 18 de outubro
19.45 horas
Casa Galega da Cultura
Praza da Princesa s/n
VIGO

150 anos despois da publicación en Vigo de Cantares Gallegos, a profesora Pilar García Negro revisa esta obra, á que cualifica como o primeiro monumento da literatura galega contemporánea, dun xeito agudo, orixinal e actualizado:
“Baste sinalar que unha autora como Rosalía de Castro (ningún escritor do século XIX, na realidade) non entra no esixido nas probas de selectividade (a sentenza de Castelao  séguese cumprindo!) Dígase que idea se pode ter da literatura galega no seu conxunto con mutilación tal”.

Trátase dun traballo que non se fixo ao abeiro de ningún proxecto universitario, grupo de investigación financiado, axuda de ningún organismo público ou privado, subvención ou protección financeira de tipo ningún. Nada do que se solicitou foi concedido. Sintomático deste país que  financia touradas e "oktoberfestas".

quarta-feira, 24 de julho de 2013

Video e fotos da presentación de Arcadia

A seguir presentamos o vídeo-resumo da presentación de Arcadia.


e  algunhas fotos

Alberte Blanco Casal

Vista da Libraría Cartabón, con Carme Adán e Alberte Blanco Casal ao fondo


segunda-feira, 8 de julho de 2013

Presentación de Arcadia


Unha novela que nos mergulla nun sórdido mundo onde as tensas relacións internacionais se van enleando cuns achados sorprendentes sobre as antigas civilizacións.

ARCADIA
Os gardiáns do secreto

presenta
CARME ADÁN VILAMARTÍN

Contaremos coa presenza do autor
ALBERTE BLANCO CASAL


Xoves 18 de xullo ás 20.30 h
r/ Urzáiz, 125 - Vigo.



quinta-feira, 16 de maio de 2013

Vídeo e fotos do acto de onte


A seguir presentamos o vídeo-resumo da presentación do Volume I das Obras Completas de Bautista Álvarez.


e algunhas fotos do acto
Bautista Álvarez, Cipriano Jiménez e Xose Sánchez, de  O Castro







segunda-feira, 13 de maio de 2013

Presentación do Volume I das Obras Escollidas


Contaremos coa presenza de Bautista Álvarez
e presentado por Cipriano Lois Jiménez Casas

Mércores, 15 de maio ás 19.30 h
Casa Galega da Cultura
Praza da Princesa, 2
Vigo


Abrir un libro coma este é coma abrir a ultima gabeta do secreter. Hai ideas, pensamentos e reflexións que quedaron no fondo da memoria e, porén, sonnos moi familiares, teñen unha proximidade sospeitosa. Fronte á xeneralidades de coleccións deste tipo, este primeiro volume inclúe un conxunto de textos relativamente recentes, con menos de unha década.
Sobre o autor, calaremos e non diremos nada..

terça-feira, 9 de abril de 2013

Presentación do semanario SERMOS GALIZA

Manuel Caride, en representación da Asociación Cultural  O Castro, 
Carme Adán,  deputada no Parlamento Galego, Manuel Mera, 
conselleiro delegado de Sermos Galiza e Manuel Bragado, editor.
Hoxe presentouse o semanario Sermos Galiza en Vigo, no Auditorio Municipal do Areal . Isto  demostra o interese e o pulo que está tendo este xornal na sociedade  galega.
É importante que tod@s apoiemos este proxecto para que dure no tempo e consiga ser a voz dunha nova GALIZA.



quarta-feira, 3 de abril de 2013

Presentación do Diario/Semanario Sermos Galiza


Hai ano e medio organizamos na nosa cidade a presentación da iniciativa social galega para un medio de comunicación de Sermos Galiza. Hoxe, aquel proxecto de articulación dun medio de comunicación  transmutouse nun diario dixital e mais nun semanario en papel: un medio de comunicación galego e en galego  de accionariado popular. Temos o pracer de presentar os froitos de aquel proxecto. 
O acto celebraráse o vindeiro martes,  9 de abril ás 20.15 horas no Auditorio Municipal do Areal (Antigo Paraninfo da Universidade) e contará coa presenza de:

Manuel Bragado, editor
Carme Adán, deputada no Parlamento Galego
Manuel Mera, Consellerio delegado de Sermos Galiza


Agardamos a túa presenza

segunda-feira, 18 de fevereiro de 2013

150 anos con Rosalía de Castro



 Arredor do 24 de febreiro, data de nacemento de Rosalía de Castro, véñense realizando diversos actos en conmemoración da nosa Poeta fundacional. Queremos subliñar o singular da figura de Rosalía, único caso onde é unha muller ten o carácter de pioneira e fundadora, ao carón de grandes figuras da literatura universal como Yeats, Petőfi, Andrić, Sienkiewicz ou Lönnrot.
En 2013 esta celebración ten especial transcendencia ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares gallegos, o primeiro libro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. A fortuna quixo que esta publicación acontecese entre as rúas da nosa cidade, no que hoxe é a rúa Real.
A Asociación Cultural O Castro de Vigo recibiu o convite para participar nos actos organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Así mesmo, tamén recibimos a petición de colaborarmos na difusión destas actividades.
·         Nesta ligazón podes ver a programación completa para os días 22, 23 e 24 de febreiro.
·         En Vigo,  haberá unha Lectura pública da obra de Rosalía o sábado 23 de febreiro, ás 19.00 horas no Marco (r/ Príncipe, 54)
·         Finalmente, o domingo 24, ás 12:00, no Panteón de Galegos Ilustres, terá lugar un acto nacional onde serán lidos poemas de Cantares gallegos, ademais da realización dunha ofrenda floral. 


Agasalla un LIBRO en galego
   e unha FLOR